We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Arbore da vida - Rosalia de Castro

by Evoeh

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Alborada 03:12
Vaite noite vai fuxindo, vente aurora vente abrindo co teu rostro que sorrindo ¡¡¡a sombra espanta!!! ¡Canta, paxariño alegre, Canta porque o millo medre. Canta porque a luz te escoite. Canta que fuxeu a noite. Que a auroriña o ceu colora cuns arbores que namora, antre as ondas de cristal. Branca aurora ven chegando i ás portiñas vai chamando dos que dormen esperando ¡o teu folgor!...
2.
Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros, lixeiriña, lixeiriña. Como unha craba lixeira, para oír das campaniñas a batalada pirmeira. Campanas de Bastabales [...] A pirmeira da alborada que me traen os airiños por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa. Campanas de Bastabales [...] Meus olhos van per lo mare, mirando van Portugale. Meus olhos van por lo rio, mirando cara o Miño. Non quero ser muiñero nin barre-lo tremiñado porque din que noutro mundo piden contas do roubado.
3.
Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento. muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!.. Airiños da miña terra, airiños do meu lugar, airiños, airiños, aires, aires, vindeme buscar, buscar. Airiños, airiños aires, airiños da miña terra; airiños, airiños aires, airiños, levaime a ela Levaime, levaime, airiños, levaime donde me espera un amoriño a quen alma e vida lle prometera. Doces galleguiños aires, quitadoiriños de penas, encantadores das auguas, amantes das arboredas, música das verdes canas do millo das nosas veigas, levaime nas vosas alas como unha folliña seca. Airiños da miña terra [...] ¡Ai, quen fora paxariño de leves alas lixeiras! ¡Ai, con que prisa voara, toliña de tan contenta, sin medo ás sombras da noite, sin medo da noite negra; para cantar a alborada nos campos da miña terra! Adios, ríos; adios, fontes.
4.
Agora que me hei dir as pedriñas choran, chorai pedriñas a noite, que me vou pola manán. ¡Ai, quén lagrimiña fora pra ir, meu ben, unda ti…! ¡Quén fixera un caminiño para pasar, ai de min! Da porteliña d’arriba dei unha volta pr’atrás ¡meus fillos, meu corazón, que tan lonxe me quedás! Pasa, pasa caladiño, co teu manso rebulir, camino do mar salado, camino do mar sin fin; leva estas lagrimiñas, si has de chegar por alí, pretiño dos meus amores, pretiño do meu vivir. En vano miro e mais miro, qu' os velos da negra noite entr' ela y os meus olliños traidoramente se poñen. Ábrem’a portiño, cérram’o postigo, dame o teu lenciño ¡ai meu ben! que veño ferido. Pois se vés ferido vés a mala hora, que as miñas portiñas ¡ai meu ben! non se abren agora.
5.
Páxaro que vas volando por riba d’aquel convento. Toma, levall’esta carta o meu amor que está dentro. Dille que sospiro e choro dille que vivo morrendo dille que se compadeza do mal que estou padecendo Co cariño non hai chanzas, porqu'o cariño è ladron: entroum'un día n'a casa; rouboum'o meu corazon. O meu corazón che mando cunha chave para o abrir, nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir. Dille que sospiro e choro dille que vivo morrendo. Ahí tes o meu corazón, si o queres matar ben podes, pero como estás dentro, tamén si o matas, morres.
6.
O que nunca estuvo lonxe non sabe que é padecer; de lonxe as penas aumentan para quen sabe querer. Quen ten amores non dorme quen non os ten adormece que os ten lonxanos chora quen os ten preto padece. Meu amor, meu amoriño ¿onde estás, que non te vexo? Mórrome de süidades e día e noit'en ti penso… Meu amor, meu amoriño dime donde estás, en donde, que te aspero e nunca chegas, que te chamo e non respondes. Canta que te canta, mentras os corazóns tristes choran, que donde a grasia me falta o sentimiento me sobra, anque este non abasta para espricar certas cousas, que a veces por fora un canta mentras que por dentro un chora. Vou perguntando ós airiños, vou perguntando ós pastores, ás verdes ondas pergunto e ninguén ¡ai! me responde. Meu amor, meu amoriño [...]
7.
Unha noite no muíño, unha noite non é nada unha semaniña enteira, esa si que é muiñada. Aunque me veas casada non me perdas lo cariño, Que podo quedar viuda E mais casarme contigo. Miña nai paréume e casóume. Miña nai paréume e casóume. Ven aquel barballoteiro e levoume.
8.
Ora, meu meniño, ora, ¿quen vos ha de dar a teta, si túa nai vai no muíño, e teu pai na leña seca? Ora, meu meniño, ora, ¡canto chorarás por ela! Sin ter con que te acalente, sin ter con que te adormeza. ¡Ai, cando veña túa nai! ¡Ai, cando che a túa nai veña! ¡Cal te topará, meniño, frío como a neve mesma! Eu cha dera, miña xoia, con mil amores cha dera, hastra rebotar, meu santo, hastra que máis non quixeras, hastra verte dormidiño con esa boca tan feita, sorrindo todo fartiño, cal ubre de vaca cheia. Mais ¡ai, que noite che agarda! Mais ¡ai, que noite che espera! Que anque dúas fontes teño, estas fontiñas non deitan. Eu cha dera, miña xoia [...] Ora, meu meniño, ora [...]
9.
Negra sombra 03:26
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me deixarás ti nunca, sombra que sempre me asombras. Si cantan, es ti que cantas [...]
10.
No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdéns d'un ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: "Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben". Os seus ecos de malenconía camiñaban nas alas do vento, i o lamento repetía: "¡Vou morrer e non ven ó meu ben!" Lonxe dela, de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América vai o probe, infelís amador. I ó mirar as xentís anduriñas cara a terra que deixa cruzar: "Quen puidera dar volta -pensaba-, quen pudera convosco voar!..." Mais as aves i o buque fuxían sin ouír seus amargos lamentos; sólo os ventos repetían: "¡Quen puidera convosco voar!" Noites craras, de aromas e lúa, dende entón ¡qué tristeza en vós hai prós que viron chorar unha nena, prós que viron un barco marchar!... Dun amor celestial, verdadeiro, quedou sóio, de bágoas a proba, unha cova nun outeiro i un cadavre no fondo do mar.

about

Árbore da vida es un proyecto de investigación, recopilación, reelaboración y creación basado en “Cantares gallegos” de Rosalía y en los trabajos musicológicos gallegos que datan de ese momento. Los poemas del genial libro están creados a partir de alalás y cantos tradicionales gallegos que ella conocía. En esa misma época, Ramón de Arana recopiló muchas de esas canciones y se las comunicó a gran musicólogo Felip Pedrell. Esto ha permitido a Evoéh llevar a la obra de Rosalía a una nueva dimensión musical, pero de forma coherente, sumergiendo al público en la atmósfera emocional de Rosalía. Sin duda, una ocasión inmejorable para acercarse a su figura y comprenderla mejor.

credits

released May 3, 2019

Ariana Barrabés - voz y percusión
Jesús Olivares - guitarra, composición y arreglos
Lucía Salgado - oboe y flauta
Natalia Brzewska - violín
Margarida Olivé - violín
Arabela Fernández - viola
Mariona Tuset - violoncello
Jose Luis Garrido - platos

Mezclado por Jan Valls
Masterizado por Ferran Conangla

license

all rights reserved

tags

about

evoeh Barcelona, Spain

Evoéh is a project that reconciles two sources of Spanish music: cult music and popular music.

It was born in 2005, as a duet of voice and guitar between Ariana Barrabés and Jesús Olivares, result of our admiration for Spanish poetry and music.
... more

contact / help

Contact evoeh

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Arbore da vida - Rosalia de Castro, you may also like: